A súa candidatura aos Iberian Festival Awards 2026 compite en ata oito categorías. O voto en liña do público será fundamental
11 dic 2025 . Actualizado a las 05:00 h.Que o Revenidas é un dos mellores festivais do mundo, sábeno ben os seus fieis asistentes. Pero para confirmalo nos Iberian Festival Awards 2026 será necesario precisamente o voto do seu público. O festival de Vilaxoán opta a oito premios deste certame que valora os eventos da industria musical de España e Portugal. Entre eles, o máis relevante, o de mellor festival de formato medio. Tamén a mellor actuación en vivo dun artista español ou portugués, por Riot Propaganda, mellor actuación en vivo internacional, por The Baboon Show, mellor fotografía dun evento ou mellor cobertura en vídeo, grazas ás cámaras de Alberto Lora e Xoán Tourís, entre outros.
O público poderá emitir o seu voto na web do Iberian Festival Awards ata o 15 de xaneiro do 2026. O seu veredicto será fundamental para o Revenidas sexa coroado na gala de entrega que terá lugar o 14 de marzo en Ponta Delgada, nas illas Azores.