Papá Noel fará de mestre de cerimonias do Nadal solidario do Piñeiriño

La Voz VILAGARCÍA / LA VOZ

AROUSA

Alberto Varela visitando o ano pasado a árbore de Nadal máis diminuta do mundo, que será exposta de novo no Piñeiriño. Ao seu carón, Adrián Seijas, o deseñador
Alberto Varela visitando o ano pasado a árbore de Nadal máis diminuta do mundo, que será exposta de novo no Piñeiriño. Ao seu carón, Adrián Seijas, o deseñador MARTINA MISER

As árbores de Nadal máis diminutas do mundo e de España volverán a ser expostas este ano no centro cultural Breogán

11 dic 2025 . Actualizado a las 05:00 h.

O sábado 13 o barrio vilagarcián do Piñeiriño celebrará unha xornada de concertos solidarios que contará coa presenza de dous dos mellores atractivos saídos das súas rúas: as árbores de Nadal máis pequenas de España e do mundo estarán expostas no centro cultural Breogán. Mesma localización na que, a partir das seis da tarde, os máis pequenos poderán coñecer ao mellor embaixador do Polo Norte para facerlle entrega das súas cartas e desexos. Papá Noel estará acompañado do grupo de baile North ADT, especializado en k-pop.

A partir das oito comezarán os concertos solidarios a cargo dos grupos Música 10 e Los Bics e do DJ Edu Lambretta, nunha xornada que prevé prolongarse ata a medianoite. A entrada ao evento é libre e de balde. Os organizadores instalarán no centro un punto de recollida de alimentos non perecedoiros e animan aos asistentes a participar da iniciativa solidaria.