A mostra con obras dos alumnos de varios centros vilagarciáns poderá ser visitada ata o 10 de xaneiro no auditorio
19 dic 2025 . Actualizado a las 05:00 h.O auditorio de Vilagarcía volve acoller ata o 10 de xaneiro do 2026 Saudarte, unha iniciativa impulsada pola Fundación galega contra o narcotráfico que busca promover entre a mocidade as virtudes da práctica artística fronte as adicións e as drogas. A concelleira de Cultura Sonia Outón participou na inauguración da mostra e saudou aos alumnos dos centros escolares participantes: os colexios San Francisco e Sagrada Familia, o IES Armando Cotarelo Valledor e o IES Castro Alobre. O comisario da exposición Augusto Guedes de Castro inspirou aos rapaces a continuar coa produción artística: «Cun lapis, pincel ou ordenador pode transmitirse todo: carraxe, enfado, amor e alegría».