O Museo da Conserva da Illa de Arousa acolle a presentación do libro «Réquiem»

Redacción A ILLA / LA VOZ

AROUSA

Será ás 19.00 horas con entrada de balde e forma parte do ciclo «En abril libros mil»

10 abr 2026 . Actualizado a las 05:00 h.

O autor arousán Euxenio Outeiro inaugura o ciclo «En abril libros mil» no Concello da Illa de Arousa, coa presentación do seu poemario «Réquiem». A cita será ás 19.00 horas no Museo da Conserva, con entrada de balde.

O seu traballo, publicado pola editorial Xerais, afonda na memoria, a perda e as raíces familiares, tomando como inspiración o libro «Papel de estraza», obra coescrita polo pai do autor, Eugenio Otero, quen tamén participa no acto. O coloquio estará conducido polo realizador Marcos Nine, tamén veciño da Illa e que vén de gañar o Mestre Mateo por «Historias de Aquí».

A concelleira de Educación e Igualdade, Lidia Barreiro, destacou a importancia deste tipo de iniciativas: «A obra de Outeiro simboliza esa transmisión de historias e vivencias que forman parte do noso patrimonio cultural».