Recepción a Os Ingleses polo seu ascenso

La Voz VILAGARCÍA / LA VOZ

AROUSA

MARTINA MISER

A corporación municipal de Vilagarcía recibiu ao equipo que fai de Vilagarcía un referente do rugbi galego

21 abr 2026 . Actualizado a las 11:30 h.

Co seu ascenso á División Honor B, Os Ingleses regresarán a vindeira tempada a unha categoría de alcance estatal. Trátase dunha estupenda noticia no deportivo que onte motivou un acto institucional: a recepción da corporación municipal de Vilagarcía, co seu alcalde, Alberto Varela, e o concelleiro de Deportes, Carlos Coira, á fronte. O equipo, coa súa presidenta Isabel Fernández Moreira á cabeza, foi recibido no salón de plenos de Ravella. Os Ingleses constitúen un referente e todo un clásico do rugbi en Galicia. Nel militan un centro de xogadores que fan da cidade unha das capitais galegas desta especialidade.