«Quedei con ganas de máis»

La Voz VILAGARCÍA / LA VOZ

AROUSA

Gonza Fernández
Gonza Fernández MONICA IRAGO

O adestrador do Arousa, Gonza, volve de Lezama convencido de poder ter visto un desenlace diferente

20 sep 2026 . Actualizado a las 05:00 h.

O adestrador do Arousa, Gonza Fernández, soaba notablemente animado ao termo do partido en Lezama. En declaracións para a Radio Galega difundidas polo club vilagarcián, o técnico arlequinado manifestou estar «contento co partido», para engadir acto seguido «o resultado déixame con ganas de máis». Entende que o Arousa fixo xa unha boa primeira parte na que, di, «só nos faltou materializar as ocasións que tivemos», pero tamén é consciente de que «co 2-0 púxosenos un partido moi complicado». Máxime, cando o conxunto galego non iniciou a remontada ata o minuto 85, co gol de Álex Rey. «O equipo nunca baixou os brazos», o que sumado a «algo máis que puidemos ter conseguido», levou a Gonza a afirmar «ímonos satisfeitos» do campo do CD Basconia.