A Illa afina as gorxas para entoar os Cantos Tabernarios

A ILLA DE AROUSA

CEDIDA

A asociación cultural Dorna e do Concello illán presentaron onte en Culturgal este proxecto

02 dic 2018 . Actualizado a las 05:00 h.

Conscientes de que a rapazada vive á marxe de moitas das tradicións que viviron e transmitiron os seus antergos, as mentes ben amobladas da Illa de Arousa deron en rescatar o costume, tan vencellado aos pobos mariñeiros, de cantar nas tabernas. Como, por exemplo, se segue a facer na Arousa en datas sinaladas coma o San Xulián. Mans á obra, os responsables da asociación cultural Dorna e do Concello illán presentaron onte en Culturgal Cantos Tabernarios, unha iniciativa que se desenvolverá nos locais de hostalería do municipio coincidindo coas vacacións de Semana Santa.

As datas foron consultadas cos hostaleiros e, por se fose pouco, Dorna cumpre o ano que vén corenta primaveras. Así que a iniciativa cumpre un dobre obxectivo.

En Semana Santa • Nos locais de hostalería • A Illa de Arousa