Protagonismo arousán no Rías Baixas

La Voz VILAGARCÍA / LA VOZ

A ILLA DE AROUSA

Cedida

Náutico Pontecesures e As Torres-Romaría Vikinga foron segundo e terceiro na clasificación por equipos da primeira regata da temporada, con media ducia de triunfos individuais arousáns

21 dic 2021 . Actualizado a las 05:00 h.

Máis de 400 padexeiros de 31 equipos déronse cita o pasado sábado no encoro pontevedrés de Verducido para disputar a primeira regata da nova temporada e a derradeira do ano 2021. Un VII Trofeo Internacional Rías Baixas con 12 quilómetros de percorrido e un marcado acento arousán.

O Náutico Pontecesures, con 1.141 puntos, e o As Torres-Romaría Vikinga, con 1.067, completaron o podio por equipos que gañou por segundo ano consecutivo o club local, a E.P. Ciudad de Pontevedra.

A nivel individual, houbo media ducia de vitorias arousás, encabezadas polo triunfo de Fernando Busto, das Torres-Romaría Vikinga, na proba da canoa sénior masculina. Iria Romero, do N. Pontecesures, impúxose no C1 Sub 23. Tamén gañaron cadansúas regatas de canoa júnior Pedro Torrado, das Torres, e a grovense do Piragüismo Poio Valeria Oliveira, Antón Dorado, do Piragüismo Illa de Arousa, no K1 Cadete masculino, e Lara Remigio, do Breogán do Grove, no C1 da mesma categoría.