Visita de altos voos no colexio da Illa

La Voz A ILLA

A ILLA DE AROUSA

Dúas comandantes de aviación civil deron unha charla no centro dentro dos actos do 8M

07 mar 2023 . Actualizado a las 09:58 h.

O alumnado de educación infantil e primaria do CEIP Torre Illa recibiu este luns a visita de María del Mar y Nuria, dúas comandantes de aviación civil, con base en Madrid e Barcelona, que realizan viaxes intercontinentais con Estados Unidos e o resto de Europa.

Grazas á visita, o alumnado coñeceu conceptos de aerodinámica e propulsión, as rutas que deben seguir as aeronaves coas cartas de navegación aeronáuticas, a complexidade do panel de mandos dun Airbus 360 e moitas curiosidades e datos da aviación.

A visita enmárcase nas actividades para conmemorar o 8 de marzo, Día Internacional da Muller, permitindo visibilizar o papel da muller nesta profesión