«As Bestas» chega ata A Illa e Luis Zahera invita á veciñanza a encher o auditorio para ver «un wéstern»

La Voz A ILLA / LA VOZ

A ILLA DE AROUSA

A cita será este venres, a partir das oito da tarde

14 abr 2023 . Actualizado a las 09:40 h.

Este venres, ás oito da tarde, comezará no Auditorio da Illa a proxección do filme As Bestas, polo que o actor Luis Zahera ven de conseguir un aplaudido Goya. As entradas xa están á venda ao prezo de 3,5 euros a través de Vivetix, reservándose medio cento delas para a súa venta directa na billeteira un anaco antes do comezo da proxección. O propio Zahera, veciño ocasional da Illa, gravou un video no que invita á veciñanza a participar no evento e sentarse a ver «un wéstern alí na Arousa».

As Bestas é un  thriller inspirado nun crime real aválano as súas dezasete nominacións aos Premios Goya 2023 e os nove galardóns obtidos tralo seu estreno no Festival de Cannes. A alabada interpretación de Luis Zahera e unha marcada tensión dramática toman o pulso deste filme ambientado no rural que recrea un desagradable suceso acontecido no interior galego. A trama, inspirada nun suceso real, aborda a profundidade da maldade inseparable da condición humana.

 A concelleira de Cultura, Rosi Viana, convida a toda a veciñanza a achegarse este venres ao Auditorio e desfrutar desta proxección de alta calidade protagonizada por un actor, Luis Zahera, que busca refuxio na Arousa nos seus momentos de descanso.