A Illa celebrará o sábado 31 o Día da Familia con inchables, música e festa da espuma
A ILLA DE AROUSA

A cita será pola tarde no Regueiro e está organizada polo Concello e a asociación de mulleres rurais
24 may 2025 . Actualizado a las 21:11 h.A Illa acollerá o 31 de maio a II Día en Familia organizada del Concello e a asociación de mulleres rurais. Como o ano pasado, a cita será en horario de 17 a 21 horas, na praza do Regueiro, onde se instalará unha ampla variedade de inchables: unha pista americana de dobre tramo con piscina apta para todas as idades; outro rotulado como «zona kids» pensado para que os nenos de 2 a 5 anos xoguen con máis seguridade; outro inchable-tobogán para idades entre 3 e 12 anos; en un inchable tamaño XXL con zona de escalada para a rapazada de 3 a 16 anos. A última hora da tarde haberá unha festa da espuma.
Ademais das atraccións, o evento contará cun equipo de son de 800 vatios que ambientará a festa con música e animación, así como con tres monitores que velarán pola seguridade e o bo funcionamento de todas as actividades.
«Estamos moi felices de poder organizar o II Día en Familia despois do incrible éxito do ano pasado», declarou o alcalde, Luís Arosa. «É unha gran satisfacción ver como as familias da Illa desfrutan xuntas. Este evento é unha mostra do noso compromiso ca veciñanza e agardamos ver a todos na Praza do Regueiro», indicou a presidenta das mulleres rurais, Teresa Búa.