Última hora
El Constitucional avala la ley de amnistía
El Constitucional avala la ley de amnistía

Recepción municipal aos equipos séniores masculino e feminino
21 jun 2025 . Actualizado a las 05:00 h.A corporación municipal da Illa de Arousa recibiu onte na casa do concello aos dous cadros de futbolistas séniores do Céltiga polos seus éxitos esta tempada en forma de cadanseu ascenso. O equipo masculino, dirixido por Luis Carro, da Preferente á Tercera RFEF, e o feminino, con José Ángel Dieste, «Barça», á fronte, conseguindo no seu primeiro ano de vida subir da Terceira á Segunda Galega.