Cine, teatro, música e revindicación na Semana do Orgullo na Illa

La Voz A ILLA

A ILLA DE AROUSA

Elena Fernández

Os actos comezan este mércores e prolongaranse ata o domingo

25 jun 2025 . Actualizado a las 20:06 h.

Continúan na comarca as actividades polo Mes do Orgullo. Desta volta é na Illa da man do colectivo Polari con actividades ata domingo. Este mércores proxéctase ás 21.30 horas no auditorio municipal Delincuente, con presenza de la directora Nuria Vil. O xoves ás 19 horas celebrase un bingo musical con DJ Orange & Lemon e a partir das 20 horas no chiringuito Nautilus estarán Crystalgen, Crey & Grey e Rolloboio.

O venres 27 ás oito da tarde haberá unha performance nos Xardíns das Mulleres da Conserva baixo o título Combinación Imperfecta seguido unha hora despois no auditorio da obra de teatro O Furancho de Santiago Cortegoso. Ao rematar, inaugurarase a exposición Microclimas 2’ tamén no auditorio.

O sábado 28 ás 11 horas haberá unha marcha pola diversidade polas rúas do pobo para dar lectura ao mediodía a un manifesto na Escola de Pau baixo o lema Vén bogar con nós na primeira conquista de bandeira. Ás 19 horas celebrarase na Praza do Portiño a festa «Orghullo Mar e Cons», con DJ Naranja y Limón, Pablo y los Ciervos Dorados, Nenaza y Gorllitox.

O domingo ás 20 horas proxectarasen tres episodios da miniserie Delirio Sketchs no auditorio cun coloquio coa directora.