Oito estudantes de Belas Artes mostran os seus traballos no Pazo Torrado de Cambados

La Voz CAMBADOS / LA VOZ

CAMBADOS

A exposición permanerá aberta ata o 12 de marzo

04 feb 2023 . Actualizado a las 18:15 h.

O Espazo B Torrado de Cambados inicia o ano coa exposición Novos e artistas, que poderase visitar ata o 12 de marzo en horario de mañá e tarde de martes a venres, os sábados pola tarde e os domingos, de 11.30 a 13.30 horas.

A exposición recolle obras de oito artistas, todos estudantes de Belas Artes de Pontevedra, onde cada un deles a través da súa propia linguaxe ábrese camiño como parte da nova xeración de artistas galegos. Trátase de Ainhoa Oniria, Candela Conde López, Carmen González, Iria González, Isis Huerga, Manuel Estévez, Nerea Gundín e Susana Gómez.

O proxecto nace na materia de Xestión, ámbito artístico e mundo profesional, impartida polo profesor Xosé Manuel Buxán, e está comisariada por Iria González e Manuel Estévez. Con ela poderase ver en Torrado pintura, escultura, teas, bordados, gravados, fotografía e collage de carácter contemporáneo. «Un conxunto de obras moi diferentes pero que xuntas reafirman o obxectivo da mostra de ensinar ao público o traballo persoal de artistas novos e en formación, que buscan facerse un camiño como parte da nova xeración de artistas galegos», explica a organización.