A actividade desenvolverase o domingo no Salón Peña con inscrición previa gratuíta
12 abr 2023 . Actualizado a las 05:00 h.O Concello de Cambados estende ao longo do tempo a programación do 8M con actividades que se desenvolverán ata o mes de maio. A seguinte cita que propón a concellería de Igualdade é un scape room no que todas as pistas e as preguntas para conseguir saír da habitación pechada están relacionadas coa igualdade, a inclusión e a diversidade.
O departamento que dirixe Fátima Abal explica que se trata dunha iniciativa ideada para promover valores igualitarios a través dun recurso adaptado aos intereses da xente máis nova, coa idea de que se poida compartir en familia. Nela poderán tomar parte nenos e nenas a partir dos dez anos, acompañados dunha persoa maior de idade.
O scape room ten carácter gratuíto e se desenvolverá este domingo, 16 de abril, no Salón Peña, a partir das 11.30 horas. As inscricións, ata o 14 de abril a través do correo omix@cambados.es, presencialmente na oficina do Omix ou no teléfono 986 542 663.