Cambados celebra o Día dos Namorados con música e un concurso de fotos

La Voz CAMBADOS

CAMBADOS

Presentación de la campaña celebrada en el Concello de Cambados
Presentación de la campaña celebrada en el Concello de Cambados

O día 14 actuará Take it Easy e o 15 de de febreiro, Dani Barreiro

07 feb 2025 . Actualizado a las 17:14 h.

A asociación de comerciantes Cambados Zona Centro vai conmemorar o Día dos Namorados con música. Será mediante dous concertos que van ter lugar o venres 14 e o sábado 15 de febreiro na praza Asorey de Cambados a partir das 21 horas. Primeiro actuará o grupo Take It Easy e o sábado, Dani Barreiro. «Estas actuacións teñen como obxectivo contribuír a acadar un ambiente agradable para dar un paseo e desfrutar das terrazas e locais da zona», segundo explican desde a asociación.

Ademais, como en anos anteriores, Zona Centro organiza un concurso de fotografía a través das redes sociais. O único requisito para participar é que a foto sexa feita nas rúas ou locais comerciais de Cambados e se suba á rede utilizando a etiqueta (€cambadoszonacentro) co hashtag #cambadosnamora. O día 16 farase público o nome do gañador do concurso.