Los lunes al col gaña en Cambados e as comparsas seguen de ruta por Vilaxoán e A Illa
CAMBADOS

A celebración dos actos ao aire libre queda condicionada polo tempo
06 mar 2025 . Actualizado a las 09:33 h.Na Illa aínda non colgan o disfrace aínda que queimaran o Liborio. O sábado a partir das 17 horas terá lugar o desfile de carrozas con saída da casa do mar, seguido de tirada de fogos de artificio e unha festa con discomóbil no Regueiro pola noite. O domingo será a quenda das comparsas, co festival que se celebrará ás 17.30 horas no auditorio; algunhas das participantes irán xa de retirada logo de participar o venres no festival de Vilaxoán como é o caso de O Cano, As Miguelianas, A dorna e Da Fora. Na cita no centro cultural de Vilaxoán (20.30 horas) non faltará a anfitriona, Marajota e media, nin os cambadeses de Los lunes al col, que veñen de gañar o concurso celebrado o martes no seu pobo.
En Valga tamén celebrarán Piñata cun desfile o domingo pola tarde con premios para os mellores disfraces e en Vilanova teñen todo preparado para a Festa do Momo.