Volven os bonos do 3x2 polo Día do Pai en Cambados

La Voz CAMBADOS

CAMBADOS

MARTINA MISER

Poderán gastarse no comercio local do 13 ao 31 de marzo

06 mar 2025 . Actualizado a las 15:17 h.

O Concello de Cambados e a asociación Zona Centro seguen indo da man á hora de lanzar unha nova campaña dos bonos do 3x2 co fin de incentivar as compras no comercio de proximidade. Desta volta é a conta do Día do Pai e ten vixencia do 13 ao 31 de marzo. O método que se segue é similar a outras ocasións; os bonos por valor de 30 euros pódense mercar por 20 grazas ao Concello, que financia con 10 euros cada bono. Os interesados en acollerse a esta oferta, que porá en circulación 18.000 euros, poden mercarlos na Inmobiliaria Juan Rey e na sede de Zona Centro en Rúa Nova.