O Premio Cabanillas de Cambados será a título póstumo para Xosé Manuel Millán Otero

La Voz CAMBADOS

CAMBADOS

Las librarías deixarán de organizar este premio a partir do ano que vén

16 may 2025 . Actualizado a las 16:12 h.

O Premio Cabanillas que concede o Concello de Cambados e as librarías da vila será este ano para Xosé Manuel Millán Otero a título póstumo. Así o anunciou este mediodía o concelleiro de Cultura Liso González durante os actos das Letras Galegas celebrados no paseo da Calzada, onde informou, tamén, que a partir do vindeiro ano será o Concello o que asuma en solitario a elección e concesión do premio.

Millán Otero era licenciado en Filoloxía Galego-Portuguesa pola Universidade de Santiago de Compostela, profesionalmente foi profesor de Lingua e Literatura Galega en Moaña e especializouse na Xeración Nós, centrándose nás figuras de Vicente Risco e Alfonso Daniel Rodríguez Castelao.Ten varios libros e publicacións e na súa faceta política exerceu como alcalde do BNG en Moaña.