
Este ano prescíndese do aparcadoiro máis preto da ponte de Castrelo
30 jul 2025 . Actualizado a las 05:00 h.O Concello de Cambados pon á disposición de veciños e visitantes un total de nove aparcadoiros onde poder deixar o coche e acercarse andando ao centro da vila. Desta forma quere distribuír o tráfico o máximo posible. Como novidade, este ano o aparcadoiro máis preto á ponte de Castrelo non se habilita e dende o Concello comentan que isto débese ao pouco uso que se lle daba e esta zona. A maiores, e como todos os anos, o centro de Cambados estará pechado ao tráfico dende o venres e só poderán acceder os residentes. Igualmente recórdase ás persoas que beban alcohol, máis nunha festa dedicada ao albariño, que non collan o volante.