A proba contou con 155 deportistas de categoría sénior
30 sep 2025 . Actualizado a las 05:00 h.Un aparente fallo na coordinación entre veciños dividiu na mañá do domingo o colectivo de corredores afeccionados da zona entre as probas sobre dez mil metros que se disputaron á par no Grove, dentro do marco da Festa do Marisco, e na vila do albariño. Nesta, na que foi a décima edición da Carreira Popular 10K Concello de Cambados.
Jordi Carrasco, do SD Compostela Atletismo, non tivo rival no circuíto urbano coa icónica praza de Fefiñáns como punto de partida e de chegada. O gañador absoluto masculino empregou 31 minutos, 57 segundos e 18 centésimas para completar o percorrido fixado pola organización, a cargo do Club Atletismo Cambados, sacándolle máis dun minuto ao segundo clasificado, o seu compañeiro de club Daniel Álvarez (33.43,04). Sergio Santos, cun terceiro posto, foi tamén o atleta local máis destacado, completando o podio masculino en 33.46,72 tras disputarlle sen éxito a condición de subcampión a Álvarez.
Tamén dobrete feminino
Tamén houbo dobrete no palmarés feminino. Nesta caso, con Silvia García e con Mercedes Paz, do Ponte a Correr, campioa en 40.30,51 e subcampioa en 41.45,02, respectivamente. Patricia Montoto, do Club Escola Atletismo Deza, pechou en 42.24,51 o cadro de honra dunha décima edición na que participaron 155 atletas de categoría absoluta, 127 homes e 28 mulleres.