Cambados organiza «Igualix», un campamento infantil de Nadal

S.D. CAMBADOS / LA VOZ

CAMBADOS

Unha edición anterior da ludoteca
Unha edición anterior da ludoteca MARTINA MISER

A actividade celebrarase na Casa da Calzada os días 22, 23, 24, 26, 29, 30 e 31 de decembro, e o 2, 5 e 7 de xaneiro

06 dic 2025 . Actualizado a las 05:00 h.

O Concello de Cambados organiza o campamento de Nadal «Igualix», dirixido a nenos e nenas nados entre 2014 e 2022. A actividade trata a concienciación en material de xénero. «O obxectivo é deconstruir machismos normalizados e invisibilizados, de cara a crear mentalidades máis igualitarias», apuntou María do Mar Pérez, a edil de Igualdade.

Terá un formato de videoxogo ao vivo, e os nenos e nenas terán que enfrontarse cada día a un desafío novo, nos que deberán colaborar e superar probas para deconstruir estereotipos, explorar valores igualitarios e aprender sobre a importancia da inclusión e o respecto: «Animarase ás crianzas a cuestionar prexuízos e crear novas formas de relacionarse».

A actividade celebrarase na Casa da Calzada os días 22, 23, 24, 26, 29, 30 e 31 de decembro, e o 2, 5 e 7 de xaneiro. En horario de 10:00 horas a 14:00 horas e con posibilidade de servizo de conciliación dende as 09:00 horas da mañá, o cal hai que solicitar especificamente.

A inscrición está aberta ata o día 18 na biblioteca Luís Rei.