Sete podios finais é a bagaxe do equipo catoirense
14 mar 2017 . Actualizado a las 05:00 h.O monte vigués do Fragoselo puxo o domingo fin á Liga Galega de Mushing 2016/17. Con triunfos na cuarta e derradeira proba puntuable dos deportistas do Kennel Den de Catoira Mónica Touriño con Nepal e de Óscar Piñeiro con Thai no canicrós sénior, co segundo posto do pontecesureño José Miguéns e Sultán nesta categoría, e coa segunda praza de Piñeiro con Argos en bikejoring.
Nas clasificacións xerais definitivas o catoirense foi o club con máis podios. Entre eles, en canicrós, o subcampionato da vikinga Mónica Touriño e o bronce de José Miguéns na categoría sénior, e o terceiro posto do vilagarcián Kiko Martínez en veteráns 40.