Catoira creará bolsas de emprego para axilizar a cobertura de prazas vacantes

La Voz CATOIRA / LA VOZ

CATOIRA

MONICA IRAGO

Pretende axilizar o procedemento de xeito que os servizos non se vexan afectados polas baixas inesperadas

13 dic 2024 . Actualizado a las 05:00 h.

O Concello de Catoira vai crear dúas bolsas de emprego para cubrir de maneira áxil as baixas laborais do persoal operario municipal. O alcalde Xoán Castaño (BNG) explica que deste xeito preténdese «garantir que se presten os servizos incluso cando se produzan baixas de tipo imprevisto». O rexedor sinala que neste momento, o Concello ten en situación de incapacidade médica a varias persoas, «algunha delas con previsión de longa duración, o que fixo que algunhas das súas tarefas asignadas se visen resentidas». Puxo como exemplo o servizo de recollida de residuos voluminosos, «xa que o operario condutor causou baixa e non foi posible realizar a última recollida». O procedemento para substituír a esa persoa fíxose moi longo e, co fin de «evitar iniciar dende cero os procesos de substitución cada vez que se produce unha baixa por incapacidade, o Concello tomou a decisión de convocar a constitución de dúas bolsas de emprego: unha para persoal operario xeral e outra para persoal condutor». Desta maneira, realizaranse dous procesos nos que se valorarán méritos e se farán as probas prácticas e teóricas oportunas para conseguir os perfiles que interesan á administración local. No caso de que xurda unha vacante inesperada, boa parte do traballo para cubrila estará xa feito.