
Pola mañá actuará Jara Ortiz e pola tarde, a Escola Municipal de Teatro e a Asociación Cultural Nós de Sobradelo
18 feb 2025 . Actualizado a las 16:07 h.O Concello de Catoira celebrará este domingo o Día de Rosalía cunha xornada na que haberá poesía, música e baile. A programación comezará ás doce do mediodía na biblioteca municipal, onde terá lugar un obradoiro concerto titulado Rosalía cantareira, a cargo de Jara Ortiz. Trátase dunha proposta que pretende achegar ás crianzas a parte musical de Rosalía de Castro a través dun concerto didáctico coa pandeireta.
Xa pola tarde, ás 19 horas, no auditorio municipal terá lugar o espectáculo A Nosa Rosalía, no que participarán a Escola Municipal de Teatro de Catoira e a Asociación Cultural Nós de Sobradelo —onde é profesor o xa coñecido Fran Sieira, coreógrafo das Tanxugueiras—. A entrada para ambas actividades é de balde.
«Conmemorar a Rosalía é conmemorar Galiza. Non só é a nosa escritora máis universal, senón tamén un símbolo do país. é a a "alma enteira” de Galiza. É unha muller que aínda hoxe nos define como pobo, valente, moderna, rebelde.. deira», indica o concelleiro de Cultura, Raúl Gómez.