Catoira destinará 52.000 euros a unha reforma integral do parque de Viladesuso

La Voz CATOIRA / LA VOZ

CATOIRA

23 abr 2025 . Actualizado a las 05:00 h.

O Concello de Catoira vai acometer a reforma integral o parque infantil de Viladesuso: substituirá os xogos en mal estado, colocará outros novos e aumentará a versatilidade do equipamento instalando unha nova pista multideportes. Ademais, preténdese modificar a entrada para facela máis accesible e substituír o peche do perímetro por un valado de madeira que mellorará a estética do conxunto. O investimento desta nova actuación, incluída no Plan xeral de mellora dos parques infantís municipais, ascende a máis de 52.000 euros.

«A reforma do parque —di o alcalde Xoán Castaño (BNG)— suporá unha mellora da seguridade e da accesibilidade e será máis atractivo para a rapazada máis miúda, permitindo a práctica de deportes. Será un espazo moito máis versátil e útil». Para facer fronte a esta actuación, o Concello vai empregar os fondos que lle corresponden a través do Plan + Provincia, da Deputación de Pontevedra.