O alcalde recibe o compromiso de ser informado dunha solución nun prazo de dúas semanas
15 nov 2025 . Actualizado a las 05:00 h.O Concello de Catoira vén de solicitarlle a Costas do Estado a reparación urxente do treito do paseo fluvial que afundiu preto do Muíño do Cura. Un grave dano provocado pola caída dunha árbore situada en terreos de dominio marítimo-terrestre e, polo tanto, competencia de Costas do Estado, e dun balastro. A combinación de ambos xerou un tapón que modificou a dirección da auga, erosionando unha parte dos terreos de ribeira e deixando o itinerario peonil practicamente no aire, co conseguinte posible perigo para as persoas.
O alcalde catoirense, Xoán Castaño, afirma que persoal de Costas recoñece que o dano causado pola árbore é da súa competencia, e baralla dúas solucións. Desviar o paseo no punto afectado, como saída a medio prazo, ou trasladar a totalidade do paseo á esquerda no sentido da corrente. Costas informará da elección en dúas semanas.