Nenos e avós debutan este sábado cun novo grupo de teatro en Dena

La Voz MEAÑO

MEAÑO

Ensaio do grupo de teatro do colexio
Ensaio do grupo de teatro do colexio

A actuación será no centro social ás 19 horas e porán en escena «A primavera da aldea»

17 ene 2025 . Actualizado a las 17:26 h.

O grupo de teatro O Merlo do CEIP As Covas de Meaño súbese este sábado ás 19 horas ao escenario do centro social de Dena coa obra A primavera da aldea, escrita por Carlos Yus e María Campos, fundadores da compañía Migallas Teatro.

Nesta peza abórdanse con humor e optimismo, entre outros temas, cuestións como o despoboamento do rural e a chegada de persoas inmigrantes. «Escenas emotivas combínanse con escenas humorísticas co fin de entreter os espectadores ao mesmo tempo que se provoca neles unha reflexión sobre as posibles solucións a estes problemas», segundo explican desde o centro.

O grupo de teatro O Merlo está formado por 22 persoas entre as que están nenos, nais, pais, avoas e avós da comunidade educativa que desde o mes de outubro reúnense para participar na actividade «Xoguemos ao teatro», coordinada por Carlos Yus.

Esta actividade enmárcase no Proxecto Documental Integrado (PDI) que está a desenvolver o CEIP As Covas-Meaño durante este curso escolar 2024-2025 baixo o nome de «Crucemos». Nell abórdaese o achegamento ás culturas de alén do mar, América, o Atlántico, o mundo mariño e as migracións, entre outras cuestións.