Bandas de Zamora e Beade acompañarán á de Meaño no festival anual

La Voz MEAÑO

MEAÑO

Martina Miser

Celebrarase o día 26 de abril e comezará ás 17.30 horas co tradicional desfile

12 abr 2025 . Actualizado a las 15:34 h.

O XXXIII Festival de Bandas de Música de Meaño celebrarase o día 26 de abril, ás 17.30 horas. Arrancará co tradicional desfile para continuar cos concertos das tres bandas participantes. Ao rematar haberá un pincho para todos os músicos e colaboradores e, como xa é tradicional nos últimos anos, unha festa con dj aberta a todo o público. As bandas convidadas este ano son a Banda de Zamora, dirixida polo galego Manuel Alejandro López Pérez, e a Banda Escola de Música de Beade, que quedou segunda na sección primeira do Certame Galego de Bandas, dirixida por José Rodríguez Ramos. Como é tradición, o festival pecharao a Banda Unión Musical de Meaño, dirixida por Diego Javier Lorente López. O acto estará presentado pola meañesa Rocío Padín.

Ademais de presentar o cartel do estival, este sábado procedeuse na Quinta de San Amaro a entregar os premios do Concurso de Ilustración convocado para este evento: «Pasacalles en Meaño», de Inés Sabín Novas levou o primeiro; «Caos Musical», de Breixo Padín García, o segundo, e no terceiro lugar quedaron empatados, «Trombonaria» de Carla Prieto, «Baile geométrico» de Raquel Muñiz e «A árbore musical» de Sara Lamelas.