Recadación solidaria en memoria do pequeno Leo

La Voz MEIS / LA VOZ

MEIS

MARTINA MISER

A andaina que reuniu a dous milleiros de participantes en Meis entregou os seus cheques para a enfermidade de Dent e Bicos de Papel

11 oct 2024 . Actualizado a las 05:00 h.

O último domingo de setembro, a andaina solidaria en memoria de Leo reuniu en Meis a dous milleiros de participantes, acadando unha recadación que superou os doce mil euros. Onte, os cheques foron entregados aos seus destinatarios: a asociación da enfermidade de Dent e o colectivo Bicos de Papel. A iniciativa xurdiu como un xeito de lembrar ao pequeno Leo, que finou hai dous anos a causa dunha enfermidade rara, e espertar conciencias sobre a necesidade de investigar.