O Concello de Meis pide solución á falta de médicos

La Voz MEIS / LA VOZ

MEIS

«Dos tres medicos que temos levamos máis dun día con un», afirma a alcaldesa

20 nov 2024 . Actualizado a las 17:04 h.

A alcaldesa de Meis, Marta Giráldez, enviou onte escritos ao conselleiro de Sanidade e ao xerente da área sanitaria para queixarse pola falta de médicos. «Dos tres médicos que temos levamos máis dun día con un ao non cubrirse a ausencia do médico de San Martiño e o antigo cupo de Paradela. Neste último cupo esta bloqueada a axenda ata o 3 de decembro», explica a rexedora. Giráldez pide á consellería unha «rápida solución ao grave problema de falta de médicos e que substitúan aos titulares».