Preto dun cento de xogadores compiten no primeiro torneo de pickleball de Meis

La Voz VILAGARCÍA / LA VOZ

MEIS

04 ene 2025 . Actualizado a las 05:00 h.

O Club Pickleball Pontevedra, con sede en Meis, organiza hoxe o primeiro torneo na súa localidade deste ata agora moi pouco coñecido deporte en Galicia. A partir das nove e media da mañá e durante doce horas cun breve descanso para comer, 84 deportistas da comunidade e mais de Portugal mediránse no Pavillón Municipal de Mosteiro en partidos individuais e por parellas de diferentes categorías de idade.

Rafa Pazos, presidente do Club Pickleball Pontevedra, salientou onte que o de Meis é, con diferenza, o torneo con maior participación dos que veñen organizando ata agora e durante o último ano en Galicia, no que a media non superaba os 40 inscritos. Pazos conta que o seu é un deporte de pa amparado pola Real Federación Española de Tenis, que na súa práctica podería parecer unha mestura de tenis de mesa, de bádminton, de pádel e de tenis. Ideado en 1965 nos Estados Unidos, conta cuns 50 millóns de practicantes no país das barras e das estrelas, di.

Onte o club de Meis organizou unha xornada de portas abertas para quen quixese coñecer o pikcleball