
O festival será o venres pola tarde en Mosteiro
02 jun 2025 . Actualizado a las 16:28 h.En Meis están preparados para celebrar este venres unha nova edición, a sétima, do festival Solifesti que organiza o CPI Mosteiro, que servirá para recadar fondos a favor do Colectivo Ecoloxista do Salnés, Limpiarousa e o Banco de alimentos do municipio. Celebrarase como é habitual na Praza de España de Mosteiro a partir das cinco da tarde. Haberá obradoiros de educación ambiental, actuacións musicais e aproveitarase para recoller alimentos non perecedeiros. Poranse camisetas á venda para recadar fondos e haberá ocasión de merendar o «choripán».
Ao longo da tarde actuarán os grupos chegados da escola infantil e do CRA de Meis, do CEIP Viñagrande Deiro (Vilanova), CPI Mosteiro, a banda da Escola de Música Cutlural de Meis, a Banda da Vertula, Montse e Gonzal o, Rompekalaveras, Totem y Rock&Prol.