Pontecesures programa un concerto de Roi Casal entre estritas medidas

La Voz PONTECESURES / LA VOZ

PONTECESURES

MARTINA MISER

A cita será o 16 de maio no peirao cesureño

09 may 2021 . Actualizado a las 05:00 h.

Roi Casal ofrecerá o día 16 demaio un concerto no espazo Cara a Ría, no peirao de Pontecesures. O evento será as 12.30 horas, e desenvolverase baixo unhas estritas medidas de seguridade para facer fronte á covid-19. Nese sentido, como vén sendo habitual dende hai un ano, ademais de que o público deberá permanecer sentado e cumprindo os aforos e distancias, «é obrigatorio o uso da máscara en todo momento, ademais disporase de dispensadores de xel hidroalcólico e diversos puntos». O público será sometido na entrada a un control de temperatura. Non se permitirá o acceso a quen presente febre por enriba dos 37,5 graos centígrados. Todos os asistentes deberán deixar os seu datos para elaborar o preceptivo rexistro de asistentes a eventos públicos.

Polo demais, a entrada e saída deberá facerse de xeito ordenado. Recoméndase acudir coa maior marxe de tempo que sexa posible. O público debe atender en todo momento ás indicacións realizadas polo personal de Vixilancia Municipal.