Pontecesures acolle a representación da peza «Onde viven os monstros»
PONTECESURES
Será o sábado ás 20:00 no Centro Social
26 dic 2025 . Actualizado a las 05:00 h.O Centro Social de Pontecesures acollerá este sábado a representación da peza infantil de monicreques «Onde viven os monstros», no marco do programa provincial +Escénicas. O espectáculo comezará ás 20.00 e correrá a cargo de Carmen Domech.
Está pensado para nenas e nenos de entre 3 e 11 anos. Trátase dunha adaptación do clásico de Maurice Sendak acompañada de pequenos contos monstruosos. Narra a historia de Max, un neno que crea un mundo máxico na súa habitación, onde é libre mesmo para converterse nun mostro. Na súa aventura, desafía os seus propios medos, a frustración, a rabia, a incomprensión ou o temor ao rexeitamento. Finalmente, botar en falla o amor da súa nai farao regresar á casa e comprender que sempre hai que respectar aos demais.
A actividade está organizada pola Deputación de Pontevedra, no marco do programa +Escénicas, que encara xa a súa segunda edición. Este ciclo busca levar o teatro e a danza aos concellos con menos de 20.000 habitantes da provincia, dando resposta a unha demanda que o propio sector profesional vén facendo desde fai máis de 15 anos. «Tralo éxito da primeira edición, entre abril desde ano e marzo do 2026 representaranse un total de 136 funcións en cincuenta concellos da provincia de Pontevedra».