Ribadumia e Céltiga, duelo de recén descendidos para abrir a Liga de Preferente

La Voz VILAGARCÍA / LA VOZ

RIBADUMIA

MONICA IRAGO

Mídense esta tarde na Senra (19 horas), despois do partido matutino do Juventud Cambados no campo do Pontevedra B, e á mesma hora da visita do Vilalonga ao Valladares

25 ago 2019 . Actualizado a las 05:00 h.

A Liga 2019/20 da Preferente Sur arrinca esta tarde, co prato forte do primeiro entre a multitude de derbis que a composición do grupo depara este curso na comarca arousá. Na primeira xornada, co aliciente extra do duelo entre os dous equipos da zona que acaban de chegar de volta da Terceira, categoría á que aspiran a retornar pola vía exprés: Ribadumia e Céltiga (A Senra, 19 horas).

Pola mañá o Juventud Cambados visita o Pontevedra B (La Junquera 1, 12 horas), co Vilalonga desprazándose de tarde ao feudo do Valladares (19).