Última hora
El Tribunal Supremo anula el nombramiento de Dolores Delgado como fiscal de Memoria Democrática

Ribadumia premiará con 350 euros as mellores camisetas da Festa do Tinto

La Voz RIBADUMIA

RIBADUMIA

Martina Miser

O prazos para presentar as propostas remata o 16 de maio

17 abr 2024 . Actualizado a las 11:54 h.

O Concello de Ribadumia convocou as bases para unha nova edición do concurso de camisetas da Festa do Viño Tinto e Exaltación de Variedades Autóctonas no que poderán participar as «peñas» compostas por un mínimo de cinco membros. Os concursantes non poderán presentar máis dunha camiseta.

Para participar deberá presentarse nas dependencias do Concello un exemplar da camiseta impresa. O prazo remata o 16 de maio e hai 350 euros en xogo; o gañador do concurso levará 200 euros, o segundo premio, 100, e o terceiro, 50 euros.

A entrega farase o sábado 1 de xuño na carballeira de Barrantes durante os actos centrais da cata final, ás 12.30 horas.

O xurado estará composto por unha persoa con experiencia en debuxo e vínculos coa Festa do Tinto, unha persoa con experiencia en fotografía e vínculos coa festa e tres persoas do persoal técnico e monitores culturais do Concello de Ribadumia.

Desde o Concello de Ribadumia animan a todos os veciños do municipio e arredores a participar nesta edición do concurso coa que se abren os preparativos para a 51 edición da festa. As bases poden consultarse na web municipal e no taboleiro de anuncios do Concello.