Ribadumia honra os seus grandes padexeiros locais

La Voz VILAGARCÍA / LA VOZ

RIBADUMIA

MONICA IRAGO

O Concello recibiu os internacionais do Náutico O Muíño

31 ago 2024 . Actualizado a las 05:00 h.

O Concello de Ribadumia, co seu alcalde, David Castro, á cabeza, ofreceulles onte aos tres padexeiros internacionais do Náutico O Muíño unha recepción oficial no salón de plenos municipal. Lara Remigio, Manuel Fontán e Adrián Sieiro recibiron os parabéns pola súa temporada, os dous últimos chegados hai uns días do Mundial de Samarcanda co bronce no C4 500 Mixto.