«O Corno» chega este venres a Ribadumia da man da Deputación

La Voz VILAGARCÍA / LA VOZ

RIBADUMIA

Martina Miser

A proxección será no auditorio municipal

10 oct 2024 . Actualizado a las 05:00 h.

Este venres, o auditorio municipal de Ribadumia será escenario dunha nova proxección do Ciclo Mestre Mateo, unha iniciativa impulsada pola Academia Galega do Audiovisual e a Deputación de Pontevedra. O obxectivo deste ciclo é achegar ás vilas da provincia as mellores longametraxes de ficción e documentais finalistas dos Premios Mestre Mateo. A sesión dará comezo ás 21:00 horas, coa proxección de «O Corno», unha película dirixida por Jaione Camborda e protagonizada por Janet Novás, Siobhan Fernández e Carla Rivas.

A programación desta edición do ciclo non só se limitará a Ribadumia, senón que tamén se estenderá a outros concellos como Cerdedo-Cotobade, Moraña e As Neves. En total, o ciclo consta de sete filmes, entre os que se inclúen tres longametraxes de ficción e catro documentais.

«O Corno» e «Matria», dous dos títulos máis destacados, chegarán á provincia logo de ter triunfado en prestixiosos festivais como o de San Sebastián e Málaga, ademais de ser as grandes gañadoras da última edición dos Premios Mestre Mateo. Ademais de «O Corno», os asistentes poderán gozar de outras películas ao longo do ciclo, como a longametraxe de ciencia ficción «¡Salta!», «Fatum» e varios documentais.