
Somos presenta un escrito no Concello e non descarta outras medidas
19 jun 2025 . Actualizado a las 14:58 h.O ximnasio municipal de Ribadumia presenta numerosas deficiencias e Somos Ribadumia vén de presentar un escrito no Concello reclamando que se tomen medidas para arranxalas. «As instalacións sitas en Cabanelas presentan un estado de falta de mantemento, limpeza e coidado inaceptables». Somos alude á existencia de maquinaria rota desde hai meses, outra deteriorada polo uso, óxidos e desperfectos de todo tipo. «Non falamos dunha situación puntual, pois as queixas polo estado da instalación, que resulta de todo inaceptable, veñen de meses atrás».
A maiores do escrito presentado no Concello por parte do concelleiro Sergio Soutelo, «imos estudar outro tipo de medidas e propostas na liña de buscar unha alternativa pública que sexa axeitada que dea un correcto servizo cun horario amplo, e non unha instalación compartida».