O Umia CF abre unha nova etapa, con Fernando Romero á fronte

La Voz VILAGARCÍA / LA VOZ

RIBADUMIA

CEDIDA

A nova directiva preséntase con case ducia e media de integrantes

25 jun 2025 . Actualizado a las 05:00 h.

O Umia CF vén de abrir unha nova etapa na historia do centenario club de Ribadumia. Unha etapa encabezada por Fernando Romero Outeda coma presidente dunha entidade que volverá gozar do seu equipo sénior masculino na Preferente Galicia, logo de salvar a categoría con 6 puntos de colchón.

Xunto a Fernando Romero, compoñen a nova directiva José Manuel Piñeiro Vidal, en calidade de vicepresidente, Begoña Fontán Fajardo, secretaria, Antonio José Galán Padín, tesoureiro, e coma vogais: José Manuel Fernández Piñeiro, Cristina Arosa Camiña, Francisco Javier Gómez Blanco, Manuel Carrera Méndez, Mercedes Docampo González, Rosendo González Vázquez, Rubén González Costa, José Benito Nine Ces, Diana Lorenzo Fontán, Silvia Muñiz Salgueiro e Luis Francisco Buceta Rodríguez. O alcalde de Ribadumia amosoulles a semana pasada o seu apoio.