Literatura e mar, a proposta literaria que enriqueceu Ribadumia esta fin de semana

La Voz RIBADUMIA / LA VOZ

RIBADUMIA

MONICA IRAGO

A segunda edición do encontro literario clausurouse onte no auditorio

28 sep 2025 . Actualizado a las 05:00 h.

O auditorio de Ribadumia foi escenario, este venres e este sábado, da segunda edición dos encontros literarios que se puxeron en marcha o ano pasado. Con esta cita, que desta volta xirou arredor da literatura e o mar, este municipio do Salnés quixo dar un paso adiante e converterse nunha das primeiras localidades de tamaño pequeno que apostan por unha feira-encontro entre as letras e los libros; entre quen escribe e quen lé; entre quen edita todo ese traballo creativo e quen se encarga de facerllo chegar ao público. O Concello de Ribadumia contou desta volta coa colaboración da Deputación de Pontevedra, pero tamén de varias librarías e editoras da bisbarra, e das empresas conserveiras da localidade, que ofrecen un produto de gran calidade.