Apoio unánime en Ribadumia á creación da mesa contra a violencia de xénero
RIBADUMIA
O órgano establécese como un espazo de colaboración entre Administracións, servizos e entidades para loitar contra esta lacra
09 nov 2025 . Actualizado a las 19:33 h.Un espazo estable de colaboración entre Administracións, servizos e entidades para mellorar os mecanismos de atención e derivación dos casos, reforzar a prevención e garantir unha intervención integral e coordinada. Este é o espírito que anima a creación da mesa local de coordinación fronte á violencia de xénero, que o pleno de Ribadumia aprobou esta semana por unanimidade.
No organismo, que é froito do desenvolvemento do Plan Municipal de Igualdade, estarán presentes o Centro de Información ás Mulleres (CIM) da Mancomunidade do Salnés, os servizos sociais de Ribadumia, os centros educativos, os servizos sanitarios e as forzas e corpos de seguridade do Estado, así coma a Subdelegación do Goberno en Pontevedra a través da unidade contra a Violencia sobre a Muller.
A mesa poderá crear grupos de traballo específicos para abordar cuestións concretas.