Valga convoca o concurso da mellor caña destilada do país

Entre os produtores se repartirán setecentos euros en premios


valga / la voz

O Concello de Valga vén de convocar, un ano máis, o Concurso da Caña do País, unha iniciativa que se enmarca dentro da programación da edición número trinta da Festa da Anguía e Mostra da Caña do País, que se celebra na última fin de semana do mes de agosto. Ao certame poden concorrer destiladores artesanais dados de alta no rexistro da Axencia Tributaria. Entre os mellores produtores repartiranse setecentos euros en premios. O concurso consta das tres modalidades habituais: caña branca, tostada e de herbas. Os interesados en participar deben acudir ás oficinas municipais a solicitar as botellas correspondentes e, despois, presentar os licores debidamente embotellados. O prazo permanecerá aberto ata as dúas da tarde do día 26 de agosto. As catas das augardentes terán lugar os días 27 e 28 de agosto no Centro de Interpretación da Caña do País. O produtor da mellor caña branca será gratificado con trescentos euros, mentres que os primeiros premios dos licores de herbas e tostado ascenderán a douscentos. Os segundos clasificados recibirán un trofeo e un diploma conmemorativo. O vencedor de cada unha das modalidades quedará obrigado a vender ao Concello o garrafón premiado.

A programación mantén tamén a mostra do destilado tradicional da caña do país, que terá lugar durante a tarde do sábado 29 de agosto e correrá a cargo de dous «cañeiros» valgueses.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Tags
Comentarios

Valga convoca o concurso da mellor caña destilada do país