Aberto o prazo para participar na degustación e o concurso gastronómico da Festa da Anguía e Mostra da Caña 

La Voz VALGA

VALGA

ADRIAN BAULDE

Para asistir a actividade «A caña no prato» tiene carácter solidario

12 ago 2021 . Actualizado a las 00:32 h.

Ata o 11 de agosto está aberto o prazo de inscrición para asistir ao showcooking «A caña no prato», unha das actividades con motivo da Festa da Anguía e Mostra da Caña do País de Valga. Esta demostración de cociña en vivo a cargo dos cociñeiros Fran Jamardo, Rocío Garrido e Coque Fariña terá lugar o 13 de agosto no Centro de Interpretación da Caña do País a partir das 20 horas. Presentaranse catro tapas que poderán ser degustados polos asistentes e a maridaxe correrá a cargo de dúas empresas valguesas: Bodegas Torres Augusti e La Fabulosa.

O aforo está limitado a 25 persoas e para asistir é necesario entregar no rexistro de entrada do Concello a folla de inscrición cuberta. Esta pode descargarse a través do código QR que aparece en toda a cartelería das actividades ou na web do Concello (https://www.valga.gal/atencion-cidada/impresos-solicitudes).

A actividade é gratuíta pero ten un carácter solidario, polo que cada persoa deberá entregar ao acceder un quilo de alimentos non perecedoiros que serán destinados aos Servizos Sociais.