Valga celebrou o seu particular Eurovisión

La Voz VALGA

VALGA

O festival bateu o seu récord de participación con 32 actuacións

11 may 2024 . Actualizado a las 11:50 h.

En Valga teñen o seu particular Eurovisión. Celebrouse o venres e leva por nome o Festivalga Eurovisión, que nesta edición volveu a bater o seu récord de participación con trinta e dúas actuacións de centros de ensinanza e familias chegadas, tamén, de Padrón, Pontecesures, Ponteceso, Rois ou Ordes. O público ateigou o auditorio municipal para asistir á gala final do certame no que houbo actuacións en directo e proxeccións audiovisuais.