Alumnado do obradoiro de emprego acondiciona o muíño de Beiro

La Voz VALGA / LA VOZ

VALGA

Concello de Valga

Os traballos céntranse, de momento, na limpeza deste espazo recreativo de Valga

14 jun 2024 . Actualizado a las 21:38 h.

O Obradoiro de Emprego Ulla-Umia VII, no que vinte persoas desempregadas de Valga e Moraña reciben formación teórica e práctica nas especialidades de forestais e carpintería, iniciou nas últimas semanas as súas actuacións no noso concello, que xirarán arredor do miradoiro do Muíño de Vento de Beiro. Alí están traballando os aprendices do módulo de forestais que realizan tarefas de acondicionamento e limpeza de toda a área. Isto inclúe rozas, poda de piñeiros e outros exemplares e retirada de vexetación das zonas empedradas. Tamén está previsto o acondicionamento de xardíns. Está previsto que actúen tamén os alumnos de carpintería, que executarán obras de reforma e acondicionamento das construcións existentes.