Continúa a dotación de novos equipamentos en Mina Mercedes

La Voz VALGA

VALGA

 Nos últimos días instalouse unha randeeira de madeira xunto a un dos pantaláns

16 sep 2024 . Actualizado a las 15:11 h.

O Obradoiro de Emprego Ulla-Umia VII está a traballar na Mina Mercedes e na lagoa Porto Piñeiro (Valga), onde desenvolven tarefas de limpeza e acondicionamento e tamén de instalación de novo mobiliario. Durante o mes de agosto os alumnos de carpintería instalaron unha pérgola con mesas e bancos na zona do parque infantil anexa á Mina Mercedes, nos últimos días construíron unha randeeira de madeira xunto a un dos pantaláns. Da estrutura principal pende un asento no que os usuarios deste espazo natural poderán sentarse a contemplar as vistas da lagoa e a gozar da contorna, segundo informa o Concello. Queda pendente unha terceira actuación coa colocación dun banco elevado a modo de miradoiro na marxe contraria.

Pola súa parte, os aprendices de forestais atópanse realizando labores de mantemento na mina Porto Piñeiro, que inclúen tanto desbroces e limpezas coma poda do arborado.