O Parlamento insta á Xunta a considerar o Bacharelato Musical en Valga

La Voz VILAGARCÍA / LA VOZ

VALGA

09 nov 2024 . Actualizado a las 05:00 h.

A Comisión de Educación do Parlamento de Galicia vén de aprobar, a iniciativa do grupo do PSdeG-PSOE, «instar á Xunta a, unha vez presentada a solicitude para incorporar o Bacharelato Artístico Musical ao IES Plurilingüe de Valga para o vindeiro curso 2025-26, tome en consideración a petición do equipo directivo do centro e ofreza unha resposta e valoración da mesma». Unha iniciativa, que explican os socialistas, tenta resolver anos de silencio da Xunta á petición da dirección do instituto valgués.