Comeza unha nova fase da reforma do pavillón de Baño en Valga

La Voz VALGA

VALGA

As obras teñen un orzamento de 110.897 euros e permitirán renovar os aparellos sanitarios nos aseos e substituír a carpintería exterior

23 may 2025 . Actualizado a las 14:17 h.

O acondicionamento do pavillón polideportivo de Baño (Valga) entra nunha nova fase grazas á contratación de obras por 110.897 euros con cargo ao Plan Extraordinario de Infraestruturas deportivas da Deputación Provincial. As actuacións inclúen traballos de fontanería coma a renovación dos aparellos sanitarios nos aseos do recinto municipal, tanto nos destinados aos deportistas na zona de vestiarios coma aos empregados polo público e que se atopan nas bancadas. Ademais, tamén se está a cambiar as correspondentes tubaxes.

Abordarase, ademais, a substitución de parte da carpintería exterior do pavillón, que se atopa deteriorada, así coma o recubrimento da fachada con paneis sándwich. Por último, mellorarase a drenaxe para a recollida de augas pluviais.

Este recinto, que está a piques de cumprir trinta anos de antigüidade, conta cunha superficie aproximada de 1.500 metros cadrados, repartidos entre a pista polideportiva, os vestiarios, aseos e gradas e acolle numerosas as actividades, tanto federadas coma non federadas, segundo informa o Concello.